Sunday 05 de May de 2024

A Xunta agradece o traballo do centro de acollida Fogar Sor Eusebia e o Fogar Santa Lucía na cidade da Coruña


O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou esta mañá o centro de acollida Fogar Sor Eusebia e o Fogar Santa Lucía para mulleres sen teito situados na cidade da Coruña. Alí agradeceu o traballo destas entidades por axudar ás persoas que están a pasar por un momento de vulnerabilidade a saír adiante e gañar en autonomía, especialmente durante estas festas de Nadal.

O director xeral puxo en valor o esforzo do tecido social galego por mellorar a vida das persoas e darlle unha segunda oportunidade a aquelas que, por distintas circunstancias, se atopan nun momento complicado. Neste sentido, lembrou que o Goberno galego colabora e apóiase en todas elas para atender ás necesidades de todos os galegos e para que poidan vivir unha vida plena e en inclusión.